2012 in review

The WordPress.com stats helper monkeys prepared a 2012 annual report for this blog.

Here’s an excerpt:

600 people reached the top of Mt. Everest in 2012. This blog got about 5.300 views in 2012. If every person who reached the top of Mt. Everest viewed this blog, it would have taken 9 years to get that many views.

Click here to see the complete report.

BOLETIN DE ENCOD SOBRE AS POLÍTICAS DE DROGAS EN EUROPA -DECEMBRO DE 2012-

encodDESMANTELAR O STATUS QUO DA POLÍTICA DE DROGAS

O status quo no debate da política de drogas é o resultado do feito de que a prohibición de drogas e o tráfico ilegal de drogas de ningún xeito son forzas opositoras. Sostéñense mutuamente. Trátase de dous instrumentos do mesmo imperio que domina a política e a economía, con dous importantes accionistas: a industria criminal e a industria da seguridade, profundamente arraigada tanto nos sectores público e privado.

A ilegalidade das drogas é unha ferramenta útil para o control represivo de centos de millóns de cidadáns, a violación dos seus dereitos humanos, a militarización das súas sociedades, a dominación da súa cultura e a destrución dos seus recursos naturais. Todo isto a base de argumentos que parecen ben intencionados nos ollos da opinión pública, como a protección da saúde e a seguridade do planeta.

Dende hai moitos anos, as autoridades políticas, legais e de saúde que se ocupan da cuestión das drogas en Europa comezaron a entender que a prohibición é contraproducente. Ao igual que os camiñantes en corda frouxa, están a gardar o equilibrio entre a lei e a aplicación pragmática da lei, porque é practicamente imposible perseguir a un fenómeno tan masivo como o consumo de drogas. Non obstante, a cuestión é cando esta tensión conducirá á reforma legal. De momento ningún país europeo parece disposto a ir máis alá que axustes simplemente cosméticos.

Mentres tanto, os que máis sofren da disfuncional política de drogas son os cidadáns normais e correntes, sen acceso aos niveis onde se toman as decisións. Mentres que as autoridades permanecen no debate sobre a conveniencia de ter ou non un debate sobre as drogas, estes cidadáns convértense cada vez máis en arquitectos das futuras políticas. Non obstante, desmantelar o status quo toma o seu tempo.

En Francia, o debate sobre a situación legal do cannabis recobrou vida recentemente polo ministro de Educación nacional Vincent Peillon, quen argumentou a favor dun novo sistema de regulación das drogas en reacción a dous grandes casos de corrupción. Despois das palabras de Peillon, moitos xornalistas e políticos expresaron o seu apoio, pero o primeiro ministro Ayrault decidiu pechar a discusión. Non obstante entón, a ministra de Saúde, Marisol Touraine, comentou que a apertura de salas de inxección estaría entre as súas principais preocupacións.

En Italia, un encontro nacional de activistas para a reforma das políticas de drogas levouse a cabo nunha enorme fábrica ocupada pertencente á empresa multinacional de orixe americana J. J.Colors, en Pisa. Poucos días antes a policía antidisturbios de Milán interrompera unha festa rave ilegal, atacando os visitantes no medio da noite. Pero o tema principal da reunión referíase á posible organización dos Clubs Sociais de Cannabis en Italia, comezando posiblemente con grupos de pacientes cultivando para uso propio.

En España, activistas para outras políticas de drogas dan a alarma sobre o impacto dos grandes recortes nos programas de drogas como consecuencia das medidas de austeridade. Na súa análise das novas medidas, ENLACE, a Federación de Organizacións Andaluzas da sociedade civil que traballan na redución de danos, lamenta o feito de que as organizacións da sociedade civil serán os máis afectados: “Realizamos un labor necesario, profesional e de calidade, senón, creando redes nos barrios e pobos, con traballo de rúa. Non obstante, cada ano encontrámonos con menos apoio da Administración. Moitas traballadoras e traballadores estiveron meses e meses sen cobrar, moitos tiveron que poñer diñeiro dos seus petos para adiantar as cantidades debidas pola Administración “.

Na República Checa, a modificación da lei para permitir o uso médico do cannabis vai para a terceira lectura no Parlamento. Cando se aprobe irá ao Senado e logo ao presidente para que el poida asinala. A lei prevé que o cannabis medicinal debe ser plenamente accesible aos pacientes co mellor control posible e o seguimento científico polo Instituto Estatal para o Control de Drogas. O cultivo de cannabis por parte dos pacientes debería ser posible a partir do 1 de xaneiro de 2014.

En Alemaña, as expectativas e as discusións sobre a legalización e a despenalización do cannabis están a desenvolver nunha dirección positiva, pero as reaccións das autoridades son decepcionantes. Ningunha proposta foi seriamente tomada en consideración.

Aínda non está claro cal será o futuro do weedpass agora que un novo goberno holandés chegou ao poder. Os respônsables para o ministerio de seguridade e xustiza seguen sendo as mesmas persoas, e están a tratar de manter en curso a maior parte dos seus plans. Afortunadamente, existe unha resistencia xeneralizada e forte dende as cidades máis grandes, e tamén de moitas outras de tamaño medio, e aínda non está claro cal será o resultado. Nas próximas semanas os veredictos nunha serie de casos xudiciais contra os coffeeshops faranse públicos. Isto pode influír no curso da política de drogas holandesa. Ministro Opstelten (Seguridade e Xustiza) segue dicindo que as súas políticas son nacionais, pero que as autoridades locais poderán facer axustes. Así que simplemente non sabemos como rematará todo isto.

395169_385823151506043_859309215_nMentres tanto, as políticas de drogas en Bélxica están a ser reformuladas dende abaixo: o Cannabis Social Club Trekt uw Plant está incrementando rapidamente a súa militancia. Ao redor de 300 belgas teñen agora a posibilidade de obter unha planta de cannabis da organización, e varios grupos están a punto de iniciar outro CSC.

O exemplo dos CSCs en Bélxica e Estado Español segue inspirando a activistas doutros países en busca dun horizonte máis alá do status quo actual. A principios de novembro, un taller sobre como crear un CSC tivo lugar en Ljubljana, Eslovenia. Polo momento, os activistas eslovenos cannabis están aínda moi involucrados nas actividades de libre Bozidar Radisic, pero cando esa batalla terá rematado, a posta en marcha dun CSC podería ser o próximo paso.

O 30 de novembro, o concepto de CSC explicarase durante a festa da colleita do Centro Social de Turín, Italia, e o 1 de decembro, a Asemblea Xeral da Federación Francesa de CSC levarase a cabo en París.

Traducción : Xuntanza Antiprohibicionista

Por Joep Oomen (grazas a Enrico Fletzer, Farid Ghehioueche, Fredrick Polak, Hanka Gabrielova, Ingrid Wunn e Peter Webster)

Cannabis e Cancro. Xeneralidades

Que é o cancro?
O cancro é o crecemento descontrolado de células anormais no corpo. As células cancerosas tamén se denominan células malignas.

Xeito de reproducción do cancro

Cancro, cancer

Causas, incidencia e factores de risco
As células son os bloques de construción dos seres vivos. O cancro orixínase das células normais no corpo. As células normais multiplícanse cando o corpo as necesita e morren cando o corpo non as necesita. O cancro parece acontecer cando o crecemento de células no corpo está fóra de control e as células se dividen demasiado rápido. Tamén pode acontecer cando ás células esquecen como morrer (apoptose).
Hai moitos tipos diferentes de cancro. O cancro pode desenvolverse en case calquera órgano ou tecido, tais  como o pulmón, colon, o tecido mamario, a pele, os ósos ou os nervios.
Existen moitos factores e produtos que inducen cancro: o benceno e determinados químicos, o consumo excesivo de alcohol, toxinas ambientais, exposición solar excesiva, problemas xenéticos, http://obesidade, radiacións ionizantes, virus, etc. De tódolos xeitos a orixe de moitos tipos de cancro é descoñecida.

Síntomas
Os síntomas do cancro dependen do tipo e da localización do tumor. Por exemplo, o cancro de pulmón pode provocar tose, dificultade pra respirar ou dor no peito. O cancro de colon frecuentemente ocasiona diarrea, estrinximento e sangue nas feces.

cancro de larinxe, cancer de laringe

Cancro de larinxe

Algúns tipos de cancro poden non ter ningún síntoma en absoluto. En certos tipos de cancro, como cancro de páncreas, a miúdo os síntomas non comezan ata que a doenza alcanza unha etapa avanzada.

Os seguintes síntomas poden acontecer coa maioría dos cancros: arrepíos, fatiga, febre, perdida de apetito, malestar, suores nocturnas, perdida de peso, etc, estes síntomas son comúns con outras doenzas, resultando non determinantes nin exclusivos.

Prevención
Vostede pode reducir o risco de contraer un tumor canceroso seguindo estes simples consellos:
Seguir unha dieta saudable, facer exercicio con regularidade, limitar o alcohol, manter un peso saudábel,reducir ao mínimo a exposición a produtos químicos tóxicos e a radiacións, non fumar ou mastigar tabaco e reducir a exposición ao sol, especialmente as peles sensíbeis e brancas.

As probas para a detección do cancro, como a mamografía e o exame de mama para o cancro de mama e a colonoscopia para o cancro de colon, poden axudar a detectar estes cancros nas súas etapas iniciais, cando son máis tratables.
Cannabis e cancro
A pesar de existir evidencias científicas de que determinados cannabinoides inhiben e mesmo destrúen as células tumorais, o lexislador é reticente a permitir que estas opinións se expresen nos documentos oficiais, debido a presións relacionadas cos lobbyes farmacéuticos. En ensaios preclínicos, demostrouse que algúns cannabinoides, incluíndo o THC e o CBD (cannabidiol), atacan selectivamente e eliminan células malignas e tumores cancerosos.
Sendo o cancro unha enfermidade de difícil curación, en ocasións o tratamento contra a doenza (raio e quimioterapia) é máis perturbador que a propia doenza.

celulas cancerixenas, celulas cancerigenas

Evolución de células cancerixenas

As persoas afectadas polo cancro tratados mediante radiacións ionizantes e quimioterapia, sofren con frecuencia episodios de náuseas, vómitos e perdas do apetito que lles colocan o organismo en situación de colapso. Nesta situación, moitas persoas optan polo consumo de cannabis – en moitos casos recomendadas polas súas médicas, mais sen un consentimento legal ou oficial – para evitar esta serie de efectos secundarios producidos pola exposición ás radiacións ou produtos químicos que combaten os tumores.
O tratamento contra os efectos secundarios asociados á terapia antineoplásica medicamentosa (quimioterapia) é con diferenza a indicación máis documentada dos cannabinoides. Diversos estudos (con THC, Nabilona, outros análogos do THC e marihuana) resaltan os efectos positivos da devandita terapia. Os cannabinoides seguen sendo o tratamento preferido na medicina popular para combater as dores e as náuseas, entre outras razóns por non crear a dependencia física que crean os opiáceos (morfina) e non exercer o efecto bronco constrictor destes.

(Tanto o “Marinol”-dronabinol, o -delta-9THC-, como o “Cesamet”-nabilona, están aprobados en determinados estados para a indicación de nauseas e vómitos causados pola quimioterapia do cancro. O “Marinol ” tamén o está para a anorexia e a caquexia no VIH/Sida).
Contraindicacións
Existen diversas correntes de investigación que indican que o cannabis fumado podería ser un factor significativo de risco no desenvolvemento do cancro respiratorio. O gran número de hidrocarburos aromáticos presentes no fumo, diversas nitrosaminas, unha maior exposición dos pulmóns aos restos de combustión debidas á maior duración das caladas, poden desencadear factores non desexados. É por iso necesario avaliar para cada paciente, non só a dosificación axeitada, senón tamén o método de dosificación máis axeitado e con menos riscos potenciais.
Importante:
Esta información pretende ser obxectiva e documentada, mais está redactada con ánimo exclusivamente didáctico. Se estás doente ou cres que poderías estalo non te automediques e consulte a unha profesional.

Cicais che interese:

Artigo en Castelán
Aplicacións médicas da marihuana e o delta-9-THC
Cannabis e cancro de mama
Cannabis e cancro de colon
Prospecto de uso do cannabis terapeutico

Cannabis e VIH

Os Cannabinoides Agonistas Moderan a progresión do VIH, según uns estudo.

Xoves, Marzo 29, 2012

New York, NY: A activación de determinados receptores cannabinoides endóxenos moderan a progresión do virus de inmunodeficiencia humana (VIH), segundo datos pre-clínicos  publicados en liña na revista PLoS ONE .

Investigadores do Mount Sinai School of Medicine, en Nova York avalian se a administración dun agonista canabinóide selectivo podería regular a infecciosidade do VIH-1. Os investigadores informaron de que a activación do receptor CB2 inhibe a infección polo VIH en cultivo.

Os autores concluíron: “[O] uso clínico dos agonistas (selectiva CB2)  no tratamento dos síntomas da SIDA poden exercer efectos antivirais adxuntos beneficiosos … en etapas tardíos da infección VIH-1.”

No último ano, investigadores do Louisiana State University Health Sciences Center informar que a administración a longo prazo de delta-9-THC, o composto primario psicoactivo na marihuana, está asociada coa disminución de carga viral en monos infectados co virus da inmunodeficiencia símia (SIV), un modelo de primate da enfermidade polo VIH.

Escribindo na revista SIDA Research e retrovirus humanos , os autores concluíron: “Ao contrario do que esperabamos, … o tratamento con delta-9-THC claramente non aumentou a progresión da enfermidade, e de feito deu lugar a atenuación xeneralizada de marcadores clásicos da enfermidade SIV .. .. Estes resultados indican que o consumo crónico de delta-9-THC non aumenta a carga virai ou agrava a morbidade e pode, en realidade mellorar a progresión da enfermidade SIV. ”

Ensaios separados en seres humanos xa documentado que a inhalación de curto prazo de cannabis non afectar negativamente as cargas virais en pacientes con VIH, e pode ata mellorar a función inmunolóxica.

Artigo Orixinal:

Artigo en Castelano.


Logo dos 21 anos moitos usuarios trocan o Cannabis polo Alcol

Moitos Usuarios trocan o uso de Cannabis polo alcol logo dos 21 anos, di un estudo.
Xoves, Marzo 15, 2012

Denver, CO:

Moitos consumidores adolescentes de cannabis aumentan o uso de alcohol e reducen o seu uso de marihuana despois de virar 21 anos de idade, segundo datos publicados no Journal of Health Economics.

Un equipo de investigadores internacionais de Estados Unidos e México estimou o efecto causal de acceso legal ao alcohol sobre o consumo de marihuana.

Eles informaron:. “Os nosos resultados mostran que o alcohol ea marihuana son substitutos Aos 21 anos, observamos un aumento acentuado no consumo de alcohol, pero unha diminución no consumo de marihuana …. As nosas estimacións suxiren que o MLDA (idade bebendo legal mínima) coa idade 21 diminúe a probabilidade de consumir alcol nos últimos 30 días en 16 por cento e aumenta a probabilidade de consumir cannabis en 10 por cento …. Isto suxire que as políticas que restrinxen o acceso ao alcohol causan un aumento no consumo de marihuana “.

Os autores afirmaron que ese efecto substitución suposta “é substancialmente máis forte para mulleres que homes.”

Eles concluíron, “Os nosos resultados mostran que o acceso legal ao alcohol provoca unha diminución significativa no consumo de marihuana entre mozos adultos preto da idade de 21 anos.”

Estudos separados dos consumidores máis vellos de marihuana en estados con acceso limitado legal para a marihuana e o alcohol renderon unha tendencia menos consistente, con datos que indican que moitos usuarios que consomen cannabis reducen os niveis de alcohol ou outras substancias tóxicas. Por exemplo, nun estudo de 2011 con cualificados consumidores de cannabis medicinal de California descubriron que nos entrevistados “prevalencia do uso de alcohol foi significativamente menor” que a da poboación en xeral.

Máis recentemente, autores de novembro de 2011 Instituto para o Estudo do papel do Traballo, “leis de marihuana medicinal e mortes no tráfico e consumo de alcohol”, determinou: “[A] legalización  [de marihuana] está asociada a unha diminución porcentual de case nove mortes no tráfico , probablemente debido ao seu impacto sobre [reducida] consumo de alcohol. ”

O texto completo do estudo, “O efecto da dispoñibilidade do alcohol sobre o uso de marihuana: Evidencias a partir da idade mínima legal de beber”, aparece na revista Journal of Health Economics.

Artigo Orixinal.( NORML)

Enlaces Relacionados:

Principios do uso responsable do cannabis.

Prospecto para o uso do cannabis terapéutico.

Perigos de outras drogas recreativas VS Marihuana

Texto en castelán.

Traducción: Todosementes

Pareceuche interesante este artigo?? Sé a primeira en comentar!!!

Cannabis e dopamina

Imaxe

O consumo de cannabis non está asociado con alteracións da dopamina.

Nova York, NY: O consumo de cannabis non está asociado con alteracións da dopamina en usuarios crónicos. di un estudio aparecido no diario Biological Psychiatry,

A dopamina é un neurotransmisor que é o responsable da reconpensa-aprendizaxe e comportamento. As alteracións na dopamina no cerebro están asociadas co uso habitual dde varias sustancias drogodependentes, incluido o alcohol, heroina e cocaina.

Highlighted in one of the hemispheres is the striatum (in blue) and globus pallidus (in green)

Investigadores do Instituto Psiquiátrico de Nova Iorque e da Universidade de Columbia avaliaron o nivel de dopamina en 16 abstinentes recentes, pacientes da instiución e 16 probas alleas.
Os investigadores atoparon que os consumidores de cannabis non amosaron diferencias sinificativas comparado cos estudos de control nas zoas do cerebro avaliadas.

Os autores concluiron que “O contrario de con outras adiccións, a dependencia moderada do cannabis non está asociada coas alteracións da dopamina co sistema límbico” (striatum)

De todos xeitos advertiron que o úso do cánabo dende edades precoces ou durante un longo periodo pode estar asociada coa disminución da dopamina liberada polo sistema límbico. (striatum)
Artigo Orixinal:

Articulo en Castellano:

Os cannabinoides non sicotrópicos son “seguros”.

Os cannabinoides non sicotrópicos son seguros e ben tolerados nos seres humanos, di un estudo.

“O CBD non é tóxico, e non altera as funcións sicomotrices ou sicolóxicas.”

cannabinoides

Estructura química de varios cannabinoides.

“A CBD non é tóxico … e non altera funcións psicomotrices ou psicolóxica”

São Paulo, Brasil: A administración dos cannabinoides non sicotrópicos concretamente do  (CBD) é “non tóxico” para as células sans e é “ben tolerado” en seres humanos, de acordo coa revisión dos datos publicados en liña na revista científica Drug Safety .

Investigadores da Universidade de São Paulo, Hospital das Clínicas revisou máis de 130 traballos avaliando o impacto da CBD en humanos e animais. Foron desbotados da analise destes estudos os que describían efectos de cannabinoides múltiples ou extractos do CBD.

Autores informaron: “Varios estudos suxiren que o CBD é ben tolerado e é seguro en seres humanos en doses elevadas e co uso crónico …. Estudos suxiren que o CBD é non tóxico en células non transformadas e non induciu cambios na alimentación inxestión, non induce catalepsia [rixidez muscular], non afecta os parámetros fisiolóxicos (frecuencia cardíaca, presión arterial e temperatura corporal), non afecta o tránsito gastrointestinal e non altera funcións psicomotrices ou psicolóxicas. “

Eles concluíron, “En base a recentes avances na administración controlada do cannabinoide CBD  en humanos,  pode ser segura en humanos e animais. Con todo, máis estudos son necesarios para aclarar estes informaron in vitro e in vivo de efectos secundarios.”

Analise química da potencia de diversos  cannabinoides

Analise química da potencia de diversos cannabinoides

Investigacións separadas arredor do  CBD teñen documentado que o  canabinóide ten unha variedade de propiedades terapéuticas, incluíndo anti-inflamatoria, anti-diabético, anti-epiléptico, anti-cancro, e de  propiedades estimulantes para os osos. En anos recentes, os pacientes en estados que permiten o uso de terapia de cannabis, particularmente California, manifestaron interese en cepas de plantas que conteñen porcentaxes elevadas de forma exclusiva do composto Cannabidiol.

O Canabidiol está clasificado baixo a lei federal EstadoUnidense como unha  sustancia prohibida pola lista I de drogas ilegais.. Tales sustancias están discriminadas por lei por ter “un alto potencial de abuso”, “a falta de seguridade aceptada … baixo supervisión médica”, e “porque o seu uso médico non está  actualmente aceptado  en tratamento nos Estados Unidos.”

Fonte NORML

Artigo Orixinal:

Traducción Canabo-ACT

¿Gustouche este artigo ?

                                        Comparteo cos teus amigos!!

Os cannabionoides non sicotrópìcos inhiben a proliferación de células cancerixenas de Colon

Nápoles, Italia: A administración do cannabidiol de compoñente de planta de cánabo non-psicotrópico (CBD) é proteccionista nun modelo experimental de cancro de colon, segundo datos de xuízo preclínicos publicados en liña no Diario de Medicina Molecular.

Investigadores na Universidade de Nápoles valoraban o efecto de CBD en carcinogenesis de colon en ratos. Investigadores informaban de que administración de CBD era asociada con redución de tumores cancerosa e reducía proliferación de células.

Autores escribían: “Aínda que cannabidiol foi ensinado a matar células de gliomas, inhibir invasión de células de cancro e reducir o crecemento de carcinoma de peito e metástases de pulmóns en roedores, o seu efecto sobre carcinogenesis de colon non foi avaliado ata hoxe. Isto é unha omisión importante, posto que cancro de colon afecta millóns de individuos en países Occidentais. No estudo actual, demostramos que cannabidiol exerce (1) efectos proteccionistas nun modelo experimental de cancro de colon e accións antiproliferativas en células de carcinomas de colorectal.”

Os autores tamén recoñecían que CBD posúe “un perfil sumamente seguro” ” en humanos.” Concluían, ” Descubrimentos nas nosas pesquisas suxiren que o cannabidiol podería ser digno de consideración clínica en prevención de cancro de colon.”

Datos de revisión clínicos publicados na Current Drug Safety de diario científica en decembro concluían que CBD non é tóxico para as

células sas e é ben tolerado en humanos. Non obstante, o cannabidiol é logo clasificado baixo lei federal como un programa de substancia prohibida. sTales substancias son requiridas por lei para posuír “un potencial alto para abuso”, “unha falta de seguridade aceptada… baixo supervisión médica”, e “non existe actualmente ningún uso médico actualmente aceptado nos Estados Unidos.”

Diversos xuízos preclínicos que avalían que as actividades anti-cancro de cannabinoides e endocannabinoides demostran que a súa administración pode inhibir a proliferación dunha variedade de liñas de células cancerosas, incluíndo carcinoma de peito, carcinoma de próstatas, adenocarcinoma gástrico, carcinoma de peles, células de leucemia, neuroblastoma, carcinoma de pulmóns, carcinoma de úteros, epithelioma de tiroides, adenocarcinoma pancreático, carcinoma cervical, cancro oral, cancro de tracto biliary (cholangiocarcinoma), e linfoma.

O texto completo do estudo, “efecto experimental quimiopreventivo do fitocannabinoide  canabidiol  non psicotrópica sobre o cancro de colon “, aparece no Diario de Medicina Molecular.
Un resumo separada das propiedades anti-cancro dos cannabinoides está dispoñible a partir da NORML aquí: http://norml.org/library/item/gliomascancer.

Artículo Original (inglés)
Traducción Castellano
Traducción galego

 

¿Gostas de este artigo? Comparteo cos teus amigos:

O chan

O chan é o lugar físico onde se asentan as actividades humanas. Alí pousamos nosos pes, cosntruimos nosas casas e cultivamos nosa comida. Dende o punto de vista agroecolóxico o chan é un ecosistema composto de unha parte mineral, e outra animal macro e microscópica, e tamén auga e ar. Nel radica o funcionamento do sistema agrario, xa que no chan habitan os descomponedores: as bacterias que se encargan de trocar a materia orgánica en elementos asimilables polas plantas. Este sistema alimentase de enerxía solar, que é en definitiva o motor da vida neste planeta.
Nunha fracción de chan habitan mllóns e millóns de microorganismos realizando seu propio traballo de degradación da materia, depredación e diferenes relacións ecolóxicas entre eles.
Esta materia descomposta está feita de diferentes elementos químicos, os cales son de maior ou menor importancia para as plantas en función das suas necesidades específicas. Os mais importantes elementos de alimentación dos vexetais son o carbono, o hidóxeno e o osixeno, que son adquiridos polas plantas a partires do ar e da auga.
Para obter plantas fortes e sanas, compre conquerir un bo sistema radicular, para o cal é necesario ter un chan adecuado, nutrido e con capacidade de aireación e drenaxe.
Imagem
 – Cofia: É o capuchṕn ríxido que protexe a raiz e axudalle a introducirse na terra.
– Zoa de crecemento: Onde ocurre o alongamento da raiz, e esta medra xunto co tallo e as follas.
– Zoa Pilifera: É a zoa absorbente, cuberta por unha gran cantidade de pelos moi radicais moi finos, encargados da absorción dos nutrintes da planta, auga e sales minerais.
.-Zoa espida ou terminal: parte que xunta a zoa pilifera coa cofia e a zoa de crecemento.
.- Zoa de ramificación: Onde formanse as raices secundarias.
.- Zoa suberificada: Ten células con paredes grosas que son impermeables.
.- Cuello: A zoa de unión das raices co tronco.
Queremos facer FINCAPÉ en que nunha terra pouco aireada, ou enchoupada de humedade, a planta non será quen de desenvolver un sistema de raices forte e potente, e non seremos quenes de levar adiante unha boa colleita.
Si cultivamos en interior ou en macetas, non debemos errar aforrando en sustrato. Teremos problemas de crecemento e seguramente tamén infestación de bechos.
Un bo truco é aplicar micorrizas á terra para axudar a que as raices se extendan e reducir as necesidades de auga e de aboado.

Creative Commons License
O chan by Manuel Freiría is licensed under a Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 Unported License.