Cannabis e dopamina

Imaxe

O consumo de cannabis non está asociado con alteracións da dopamina.

Nova York, NY: O consumo de cannabis non está asociado con alteracións da dopamina en usuarios crónicos. di un estudio aparecido no diario Biological Psychiatry,

A dopamina é un neurotransmisor que é o responsable da reconpensa-aprendizaxe e comportamento. As alteracións na dopamina no cerebro están asociadas co uso habitual dde varias sustancias drogodependentes, incluido o alcohol, heroina e cocaina.

Highlighted in one of the hemispheres is the striatum (in blue) and globus pallidus (in green)

Investigadores do Instituto Psiquiátrico de Nova Iorque e da Universidade de Columbia avaliaron o nivel de dopamina en 16 abstinentes recentes, pacientes da instiución e 16 probas alleas.
Os investigadores atoparon que os consumidores de cannabis non amosaron diferencias sinificativas comparado cos estudos de control nas zoas do cerebro avaliadas.

Os autores concluiron que “O contrario de con outras adiccións, a dependencia moderada do cannabis non está asociada coas alteracións da dopamina co sistema límbico” (striatum)

De todos xeitos advertiron que o úso do cánabo dende edades precoces ou durante un longo periodo pode estar asociada coa disminución da dopamina liberada polo sistema límbico. (striatum)
Artigo Orixinal:

Articulo en Castellano:

Principios de Uso Responsable do Cannabis

Imaxe

A maioría dos usuarios de Cannabis fan un uso persoal responsable e/ou por razóns médicas. É moi importante que se utilzas cannabis con fins terapéuticos informes ao teu médico e te poñas ao corrente sobre o cannabis con detalle. Así, é aconsellable coñecer as características do que utilizas. Por iso, recomendamos que, antes de consumir, é conveniente que coñezas as súas propiedades como a variedade ou tipo de cepa (strains) e algúns detalles, unha práctica común nos miles de dispensarios (asociacións e colectivos) decannbis de Estados Unidos. Isto é relativamente doado xa que a mayoria dos bancos de sementes provén esta información.

– Tipo de cannabis, se é maiormente Indica, Sativa ou Híbrido, xa que cada unha ten un efecto distinto. Así, o cannabis indica ten un efecto máis relaxante, ao contrario que o cannabis sativa que ten un efecto máis euforizante.

– Volume aproximado de THC. Cada variedade posúe distintos graos, e os seus efectos adoitan ser tan distintos como acontece (e salvando as distancias) con distintos tipos de bebidas alcohólicas. Non se adoitanrecomiendar niveis altos nin a mestura de cannabis con tabaco.

– Tipo de cultivo. Ao igual que o resto das plantas, as características do cannabis difiren se foi cultivado seguindo procesos ecolóxicos (orgánicos, bio) ou usando químicos e/ou pesticidas.

Asi mesmo, os principios de uso responsable  son:

Soamente Adultos
Non Conduzcas
Valores e Circunstancias
Resiste o Abuso
Respecta os Dereitos dos Demais

Someter aos individuos a duras penas criminais e civís, cando a marihuana (cannabis) é usada responsablemente, non proporciona ningún beneficio público e causa terribles inxustizas. Por motivos de seguridade pública, saúde pública, economía e xustiza, as leis prohibitivas deberían cambiar ata o punto de non penalizar o uso responsable da marihuana.
Sobre a base desta declaración, a Xunta Directiva NORML intentou definir o “uso responsable da marihuana” da seguinte forma:

I. Soamente Adultos

O consumo da marihuana é soamente para adultos. É irresponsable prover de marihuana nenos e mozos.
Moitas cousas e actividades son apropiadas para os pequenos, outras simplemente non o son. Os nenos non conducen, non asinan contratos ou casan e non deben usar drogas. Así como é pouco realista pedir absterse de por vida de conducir, asinar contratos ou casarse, tamén é pouco realista esperar que a xente se absteña, de por vida, de certas substancias, incluíndo o alcohol. Máis ben, a nosa esperanza e desexo para os mais pequenos é que crezan e sexan adultos responsables. A nosa obriga é demostrarlles que significa iso.

II. Non Conduzcas

O usuario responsable de marihuana non conduce vehículos motorizados ou outra maquinaria perigosa baixo a influencia desta, nin (ao igual que outros cidadáns responsables) cando está baixo a influencia de calquera outra substancia ou condición, incluíndo algunhas medicinas ou fatiga.
A pesar de que moitos expertos opinan que a marihuana é moito máis segura para os condutores que o alcohol e moitas medicinas, os usuarios responsables de cannabis nunca operan vehículos motorizados baixo a súa influencia. A seguridade pública non soamente demanda que os vehículos conducidos baixo influencia da marihuana sexan retirados da estrada, senón que desenvólvanse e utilicen medidas máis obxectivas que un exame químico.

III. Valores e Circunstancias

O usuario responsable de marihuana considera detidamente os seus valores e as circunstancias presentes, autorregulando o seu consumo.
“Valores” refírese á actitude, experiencia e personalidade do usuario. “Circunstancias” refírese ás condicións físicas e sociais do usuario. O usuario de marihuana responsable será cauteloso fronte ao tempo, lugar, estado mental, etc. e non dubida en dicir “non” cando esas condicións non son apropiadas para unha segura, pracenteira e/ou produtiva experiencia.

IV. Resiste o Abuso

O uso da marihuana ata o punto de danar a saúde ou interferir no desenvolvemento e realización persoal, é abuso, que debe ser evitado polo usuario de marihuana responsable.
Abuso significa perigo. O uso indiscriminado de marihuana é perigoso. Con medida, non o é. O uso perigoso debe ser evitado; aquel que non o é, non.
As guerras foron levadas amparándose na erradicación do “abuso das drogas”. Non obstante, en vez de centrarse no abuso, empréganse as medidas de control apuntando a calquera uso de drogas, sexa este abuso ou non. Se o abuso de marihuana debe ser perseguido, é esencial desenvolver claras medidas que permitan identificalo.

V. Respecta os Dereitos dos Demás

O usuario de marihuana responsable non viola os dereitos dos demais. Observa as normas aceptadas de cortesía e convivencia pública. Respecta as preferencias daqueles que desexan evitar a marihuana por completo.
Ninguén debe violar os dereitos dos demais, e o uso de ningunha substancia é unha escusa para iso. Malia o estado legal do uso da marihuana, os usuarios responsables deben seguir os protocolos de fumar tabaco en lugares públicos e privados.
Como moitas outras substancias, o Cannabis pode afectar de distinta forma distintas persoas. Para coñecer algunhas normas adicionais de precaución e evitar posibles efectos negativos de abuso, pulsa aqui (por Energy Control).