BOLETIN DE ENCOD SOBRE AS POLÍTICAS DE DROGAS EN EUROPA -DECEMBRO DE 2012-

encodDESMANTELAR O STATUS QUO DA POLÍTICA DE DROGAS

O status quo no debate da política de drogas é o resultado do feito de que a prohibición de drogas e o tráfico ilegal de drogas de ningún xeito son forzas opositoras. Sostéñense mutuamente. Trátase de dous instrumentos do mesmo imperio que domina a política e a economía, con dous importantes accionistas: a industria criminal e a industria da seguridade, profundamente arraigada tanto nos sectores público e privado.

A ilegalidade das drogas é unha ferramenta útil para o control represivo de centos de millóns de cidadáns, a violación dos seus dereitos humanos, a militarización das súas sociedades, a dominación da súa cultura e a destrución dos seus recursos naturais. Todo isto a base de argumentos que parecen ben intencionados nos ollos da opinión pública, como a protección da saúde e a seguridade do planeta.

Dende hai moitos anos, as autoridades políticas, legais e de saúde que se ocupan da cuestión das drogas en Europa comezaron a entender que a prohibición é contraproducente. Ao igual que os camiñantes en corda frouxa, están a gardar o equilibrio entre a lei e a aplicación pragmática da lei, porque é practicamente imposible perseguir a un fenómeno tan masivo como o consumo de drogas. Non obstante, a cuestión é cando esta tensión conducirá á reforma legal. De momento ningún país europeo parece disposto a ir máis alá que axustes simplemente cosméticos.

Mentres tanto, os que máis sofren da disfuncional política de drogas son os cidadáns normais e correntes, sen acceso aos niveis onde se toman as decisións. Mentres que as autoridades permanecen no debate sobre a conveniencia de ter ou non un debate sobre as drogas, estes cidadáns convértense cada vez máis en arquitectos das futuras políticas. Non obstante, desmantelar o status quo toma o seu tempo.

En Francia, o debate sobre a situación legal do cannabis recobrou vida recentemente polo ministro de Educación nacional Vincent Peillon, quen argumentou a favor dun novo sistema de regulación das drogas en reacción a dous grandes casos de corrupción. Despois das palabras de Peillon, moitos xornalistas e políticos expresaron o seu apoio, pero o primeiro ministro Ayrault decidiu pechar a discusión. Non obstante entón, a ministra de Saúde, Marisol Touraine, comentou que a apertura de salas de inxección estaría entre as súas principais preocupacións.

En Italia, un encontro nacional de activistas para a reforma das políticas de drogas levouse a cabo nunha enorme fábrica ocupada pertencente á empresa multinacional de orixe americana J. J.Colors, en Pisa. Poucos días antes a policía antidisturbios de Milán interrompera unha festa rave ilegal, atacando os visitantes no medio da noite. Pero o tema principal da reunión referíase á posible organización dos Clubs Sociais de Cannabis en Italia, comezando posiblemente con grupos de pacientes cultivando para uso propio.

En España, activistas para outras políticas de drogas dan a alarma sobre o impacto dos grandes recortes nos programas de drogas como consecuencia das medidas de austeridade. Na súa análise das novas medidas, ENLACE, a Federación de Organizacións Andaluzas da sociedade civil que traballan na redución de danos, lamenta o feito de que as organizacións da sociedade civil serán os máis afectados: “Realizamos un labor necesario, profesional e de calidade, senón, creando redes nos barrios e pobos, con traballo de rúa. Non obstante, cada ano encontrámonos con menos apoio da Administración. Moitas traballadoras e traballadores estiveron meses e meses sen cobrar, moitos tiveron que poñer diñeiro dos seus petos para adiantar as cantidades debidas pola Administración “.

Na República Checa, a modificación da lei para permitir o uso médico do cannabis vai para a terceira lectura no Parlamento. Cando se aprobe irá ao Senado e logo ao presidente para que el poida asinala. A lei prevé que o cannabis medicinal debe ser plenamente accesible aos pacientes co mellor control posible e o seguimento científico polo Instituto Estatal para o Control de Drogas. O cultivo de cannabis por parte dos pacientes debería ser posible a partir do 1 de xaneiro de 2014.

En Alemaña, as expectativas e as discusións sobre a legalización e a despenalización do cannabis están a desenvolver nunha dirección positiva, pero as reaccións das autoridades son decepcionantes. Ningunha proposta foi seriamente tomada en consideración.

Aínda non está claro cal será o futuro do weedpass agora que un novo goberno holandés chegou ao poder. Os respônsables para o ministerio de seguridade e xustiza seguen sendo as mesmas persoas, e están a tratar de manter en curso a maior parte dos seus plans. Afortunadamente, existe unha resistencia xeneralizada e forte dende as cidades máis grandes, e tamén de moitas outras de tamaño medio, e aínda non está claro cal será o resultado. Nas próximas semanas os veredictos nunha serie de casos xudiciais contra os coffeeshops faranse públicos. Isto pode influír no curso da política de drogas holandesa. Ministro Opstelten (Seguridade e Xustiza) segue dicindo que as súas políticas son nacionais, pero que as autoridades locais poderán facer axustes. Así que simplemente non sabemos como rematará todo isto.

395169_385823151506043_859309215_nMentres tanto, as políticas de drogas en Bélxica están a ser reformuladas dende abaixo: o Cannabis Social Club Trekt uw Plant está incrementando rapidamente a súa militancia. Ao redor de 300 belgas teñen agora a posibilidade de obter unha planta de cannabis da organización, e varios grupos están a punto de iniciar outro CSC.

O exemplo dos CSCs en Bélxica e Estado Español segue inspirando a activistas doutros países en busca dun horizonte máis alá do status quo actual. A principios de novembro, un taller sobre como crear un CSC tivo lugar en Ljubljana, Eslovenia. Polo momento, os activistas eslovenos cannabis están aínda moi involucrados nas actividades de libre Bozidar Radisic, pero cando esa batalla terá rematado, a posta en marcha dun CSC podería ser o próximo paso.

O 30 de novembro, o concepto de CSC explicarase durante a festa da colleita do Centro Social de Turín, Italia, e o 1 de decembro, a Asemblea Xeral da Federación Francesa de CSC levarase a cabo en París.

Traducción : Xuntanza Antiprohibicionista

Por Joep Oomen (grazas a Enrico Fletzer, Farid Ghehioueche, Fredrick Polak, Hanka Gabrielova, Ingrid Wunn e Peter Webster)

Deixar un comentario