O consumo de Canabo

O Cánabo (Cannabis Sativa) é unha sustancia sicoactiva, o que quere decir que afecta a nosa capacidade de pensar e actuar. Como mediciña é sedante e relaxante, recomendado para a esclerose múltipe, vómitos, glaucoma, estimular o apetito  e para dores.

Debe desaconsellarse en menores e persoas con problemas siquiatricos.

O consumo do cánabo non ten mais problemas que os derivados de fumar, e dende A.V.E. María suxerimos que no caso de consumir haxix ou marihuana convén que leas a seguinte información:

Cigarrillo de Canabo

1.- O cánabo afecta á capacidade de concentración. Ten isto presente se fumas e tes que estudar, traballar, conducir un coxhe ou manexar calqueira tipo de maquinaria.

2.- Se che pasan un porro e non fumas tabaco, atento: a NICOTINA é moi adictiva.

3.- Os motivos para fumar poden ser moitos: Pasalo ben, liberar enerxías creativas, relaxarse, meditar, socializar…. mais non esperes que o porro solucione teus problemas.

4.- Se fumas acotío, trata de parar un par de días de cando en vez. Ademais de dar un respiro ós teus pulmóns, baixarás a túa tolerancia e colocaraste mais con menos cantidade.

Cogollos de canabo

Cogollos de Canabo listos para o seu consumo

5.- Algunhas clases de haxix e marihuana son mais fortes ca outras. Isto é porque teñen nivel mais alto de THC.É importante ter información do que vas a fumar.

6.- Se non es fumador experimentado non é boa idea fumar e beber alcohol, ou consumir calquera sustancia ó mesmo tempo, xa que mudan os efectos poidendo convertir un subidón nunha depresiva baixada.

7.- Se comes haxix ou Marihuana pensa que non é doado dar coa dose axeitadae que os efectos tardan uns 45 minutos a hora e media. Come un anaco pequeno, o que votarías nun porro, e agarda ós efectos antes de comer outro cacho.

Vaporizador caseiro

Vaporizador caseiro

8.- Cando fumas haxis ou marihuana hai sustancias que son perxudiciais para a túa saude. O emprego de boquillas con circuito enfriador, vaporizadores, etc. as reduce, polo que fan menos dano.

9.- Se che sentou mal, tes arcadas ou ansiedade, ante todo ten moita calma, procura un lugar tranquilo e relaxado, como ou bebe algo, e sobre todo, deitate. Que non te colla o frio e non te asustes, que en media hora pasa.

10.- Se tomas algunha medicación consulta co teu médico ants de consumir haxix ou marihuana. Se estás embarazada pensao ben. E se non te sintes seguro de fumar, millor non o fagas. Hai xente que non tolera ben o cánabo. Algúns non disfrutan dos efectos e sufren paranoias, desmotivación, pensamentos obsesivos…Se estás neste caso non deberías insistir no consumo. Analiza os pros e as contras da túa deisión. As drogas deberían usarse para disfrutar mais da vida, non para pasalo mal.

¿gostaches deste artigo?

                                                           Comparteo cos teus amigos…!!!!

Deixar un comentario