O chan

O chan é o lugar físico onde se asentan as actividades humanas. Alí pousamos nosos pes, cosntruimos nosas casas e cultivamos nosa comida. Dende o punto de vista agroecolóxico o chan é un ecosistema composto de unha parte mineral, e outra animal macro e microscópica, e tamén auga e ar. Nel radica o funcionamento do sistema agrario, xa que no chan habitan os descomponedores: as bacterias que se encargan de trocar a materia orgánica en elementos asimilables polas plantas. Este sistema alimentase de enerxía solar, que é en definitiva o motor da vida neste planeta.
Nunha fracción de chan habitan mllóns e millóns de microorganismos realizando seu propio traballo de degradación da materia, depredación e diferenes relacións ecolóxicas entre eles.
Esta materia descomposta está feita de diferentes elementos químicos, os cales son de maior ou menor importancia para as plantas en función das suas necesidades específicas. Os mais importantes elementos de alimentación dos vexetais son o carbono, o hidóxeno e o osixeno, que son adquiridos polas plantas a partires do ar e da auga.
Para obter plantas fortes e sanas, compre conquerir un bo sistema radicular, para o cal é necesario ter un chan adecuado, nutrido e con capacidade de aireación e drenaxe.
Imagem
 – Cofia: É o capuchṕn ríxido que protexe a raiz e axudalle a introducirse na terra.
– Zoa de crecemento: Onde ocurre o alongamento da raiz, e esta medra xunto co tallo e as follas.
– Zoa Pilifera: É a zoa absorbente, cuberta por unha gran cantidade de pelos moi radicais moi finos, encargados da absorción dos nutrintes da planta, auga e sales minerais.
.-Zoa espida ou terminal: parte que xunta a zoa pilifera coa cofia e a zoa de crecemento.
.- Zoa de ramificación: Onde formanse as raices secundarias.
.- Zoa suberificada: Ten células con paredes grosas que son impermeables.
.- Cuello: A zoa de unión das raices co tronco.
Queremos facer FINCAPÉ en que nunha terra pouco aireada, ou enchoupada de humedade, a planta non será quen de desenvolver un sistema de raices forte e potente, e non seremos quenes de levar adiante unha boa colleita.
Si cultivamos en interior ou en macetas, non debemos errar aforrando en sustrato. Teremos problemas de crecemento e seguramente tamén infestación de bechos.
Un bo truco é aplicar micorrizas á terra para axudar a que as raices se extendan e reducir as necesidades de auga e de aboado.

Creative Commons License
O chan by Manuel Freiría is licensed under a Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 Unported License.